The Spanish Civil War, erupting in 1936, was a brutal conflict stemming from deep political and social divisions within Spain, ultimately leading to a three-year fratricidal war and the establishment of Franco's long dictatorship.
Mind Map
Click to expand
Click to explore the full interactive mind map • Zoom, pan, and navigate
A Guerra Civil Española estala cando o exército de África
se subleva contra o goberno
da Fronte Popular
o 17 de xullo
de 1936, poñéndose ás
ordes do xeneral Franco
O día 18, varias guarnicións da península
sumáronse á sublevación. O xeneral Franco,
que se achaba nas Palmas neses momentos
foi despertado ás catro da madrugada.
Comunicáronlle que se sublevarán con éxito as guarnicións
de Ceuta, Melilla e Tetuán.
Pola mañá, xa do día 18,
Franco embarca á súa muller e a súa filla nun
transatlántico con destino a Francia, e el,
ás dúas da tarde, sube ao "Dragón Rapide"
un avión que o levará a zona española
do protectorado de Marrocos.
Por que se alzaron contra o Goberno?
Para sabelo temos que botar a vista cara atrás.
No ano 1923
Miguel Primo de Rivera, co apoio do
rei Alfonso XIII, instaurara unha
ditadura militar. En 1930
agotada a ditadura, dimite.
O país levaba moitos anos de atraso social
e económico con respecto a outros países do seu entorno.
En 1931
convocáronse eleccións municipais
Foron elixidos máis concelleiros monárquicos que
republicanos. O caso é que a coalición de
partidos republicanos moderados e de esquerda
obtivo maiorías nas grande cidades,
polo que o rei Alfonso XIII vendo as manifestacións
pro-republicanas tras os resultados
decide facer a equipaxe e fuxir do país
En Madrid, o comité revolucionario
proclama a República, o que
se coñecerá como II República,
xa que España tivera outra fallida aventura
republicana moitos anos antes. A monarquía renunciou a si
mesma; polo tanto, a segunda
republica estaba perfectamente
lexitimada.
Niceto Alcalá Zamora asume a presidencia do goberno
provisional, que tiña como misión elaborar unha
nova Constitución Republicana cun corte
fortemente anticlerical.
Niceto Alcalá Zamora, que era católico,
propoñía unha secularización máis moderada
e atopouse cunha forte oposición.
Unha onda anticlerical desatouse
en boa parte de España.
Os disturbios comezaron en Madrid, e se
propagaron rapidamente, con violentas
revoltas noutras cidades.
Moitos conventos e edificios relixiosos arderon,
profanáronse lugares de culto a cemiterios.
Houbo moitos feridos;
incluso mortos.
A Contitución aprobouse en decembro e iniciáronse
as primeiras reformas. Alcalá Zamora
xa dimitira, por non estar dacordo co trato
que a Constitución lle daba á cuestión relixiosa.
Comezaba a etapa de Manuel Azaña, quen pretendía
acelerar a modernización de país.
Temendo que Alcalá Zamora emprendera unha campaña
de desprestixio contra a República,
os socialistas e os azañistas
acordan ofrecerlle a presidencia
da República,
cargo que ocuparía durante anos con gobernos de distinto signo.
Esta etapa azañista de dous anos,
do 31 ao 33, é coñecida como
"O Primeiro Bienio" ou "Bienio Reformista".
No 33, volveron a celebrarse eleccións, e esta vez gañou
unha coalición de dereita que rematou
encabezando Alejandro Lerroux. Este segundo bienio é coñecido como o "Bienio Conservador".
Foi un período de grande inestabilidade
cun intento fracasado de golpe de estado,
a Revolución de Outubro de 1934,
en Asturias, que estivo alentada
por importantes dirixentes do PSOE, como Largo Caballero e Indalecio Prieto.
A río revolto, Companys tamén proclamou o Estado Catalán, dentro da República Federal Española.
Pero o líder catalán non conseguiu os seus obxectivos e
acabou no cárcere. Mentres, a revolta en Asturias foi sofocada pol goberno,
quen contou cun xoven xeneral
para coordinar as operacións. Chamábase
Franscisco, de primeiro apelido Franco.
A insurrección de Asturias reafirmou na dereita,
e especialmente nos monárquicos,
a convicción de que se o estado conseguira sofocar
a revolta, non fóra pola eficacia
das institucións republicanas,
senón pola determinación das forzas armadas de actuar
rapida e contundentemente
A dereita perdeu a fe na legalidade,
polo que comezou a pensar en defender os seus intereses
por outrso medios. A insurreción da esquerda
era un claro preludio da guerra;
é por isto que algúns autores sitúan o
comezo da guerra civil no ano 1934.
En palabras de Indalecio Prieto: "A revolución
só servira para facer máis profundo o abismo político que dividía a España".
A represión foi dura; fixéronse moitos prisioneros,
xuícios e sentencias de morte, aínda que
para rebaixar a tensión
moitas penas foron conmutadas.
Na dereita, creceu un temor a que
nun próximo intento acabara triunfando
unha revolución bolchevique.
En febreiro de 1936, celebráronse
eleccións xerais, as últimas da II República Española.
As esquerdas, para gañar, uníronse no que se chamou a Fronte Popular, unha coalición
de socialistas, comunistas e anarquistas.
A cousa estivo moi empatada, pero a coalición
fronte populista acabou obtendo a vitoria, non exenta de sospeitas de fraude.
As posicións se radicalizaron moitísimo.
A esquerda non soubo conterse, e os desordes
sucedéronse de novo: manifestacións
folgas, quema de conventos e igrexas, ... Ademais, os políticos
de esquerdas xa exisían sen ambaxes
a ditadura do proletariado.
O Partido Comunista Español, que anos antes era insignificante, crecía como a escuma.
Por outro lado, o fillo de Miguel Primo de Rivera, José Antonio,
creara un movemento de inspiración fascista, a Falanxe
O fascismo triunfaba en Italia e en Alemaña, e tamén en España.
A Falanxe, fusionada con Xuntas de Ofensiva Nacional
Sindicalistas (XONS) non tiveran un bo resultado
nas eleccións do 36, e quedara sen representación. Non obstante,
agora os xóvenes de dereitas comezaban a alistarse nas súas filas; o partido crecía e cracía
O caos apoderouse de España
Pelas nas rúas entre comunistas e falanxistas;
cada día morrían dun e doutro lado.
O Goberno non foi quen de poñer orde.
O moderado Presidente da República,
Niceto Alcalá Zamora foi destituído,
e Manuel Azaña acabría ocupando o cargo;
Casares Quiroga aceptaría a presidencia do Goberno.
O PSOE estaba cada vez máis dividido:
para Indalecio Prieto era prioritaria a defensa da República;
pero a facción máis radical,
representada por Largo Caballero,
co alcume do "Lennin español" inclinábase
porque os obreiros se apoderaran do poder político
á marxe da legalidade, para iniciar as transformacións sociais.
Largo caballero quería unha revolución social,
que debía conseguirse mediante a violencia.
Mestres, un alzamento militar contra a Fronte Popular estaba xestándose en segredo.
Catro anos antes xa fracasara outro pronunciamento militar:
a chamada "Sanjurjada"; non obstante,
en 1936, a sublevación contaría co xeneral Mola como director,
con Sanjurjo exiliado en Portugal outra vez á fronte.
Esta vez haberían de coordinarse mellor as cousas. Só facía falla un detonante.
E ese detonante chegou.
O 12 de xullo de 1936, uns falanxistas
mataron ao tenente da Garda de Asalto
Republicana, José del Castillo, militante
socialista. O corpo policial buscaba
vinganza, e tratou de deter a algúnr
falanxista. Como non o atoparon, foron a buscar
a Gil Robles, pero este se atopaba de veraneo.
Foi entonces, pasando pola rúa Velázquez,
cando alguén propuso ir a por José Calvo Sotelo,
quen vivía alí. Foi detido de madrugada
e metido nunha camioneta.
Alí, un escolta de Indalecio Preito disparoulle na caluga.
José Calvo Sotelo era unha grande figura da dereita:
diputado e destacado líder da oposición.
O seu asasinaro causou unha grande conmoción,
e foi o que fixo que Franscisco Franco, ata entón
indecido, decidira sumarse ao golpe de estado
dirixido por Mola. E é aquí
onde retomamos a historia. A rebelión militar
estalou con éxito en Marrocos, e o día seguinte
alcanzou a península. Dos 24 xenerales de
división, con mando en forza, só se sublevaron catro,
pero os sublevados contaban co exército de África,
que era o máis experimentado. Os golpistas tiñas planeado
ocupar as cidades máis importantes nun par
de días como moito, pero non foi así.
A intervención das forzas de seguridade, as tropas leais
e os civís armados polo goberno, frustraron parcialmente o golpe.
O alzamento non triunfa nin na capital, Madrid, nin en Barcelona, aquí grazas á decisiva
intervención de xeneral Aranguren, quen se mantivo fiel á República.
A guerra estendeuse durante tres longos anos.
Foi unha guerra fraticida, entre irmáns.
Unha guerra que aínda da que falar hoxe en día.
Dúas Españas enfrontadas; bos e malos; heroe:s, malvados; víctimas, verdugos. Todo.
E en ambos os dous bandos
A península quedou dividida en dúas zonas: a republicana e a chamda nacional.
Como actuaron os países veciños?
O certo é que ningunha democracia axudou á República;
de feito, Inglaterra e Francia
promoveron un acordo de "Non Intervención", ao que
se sumaron moitos países. Este acordo foi
unha farsa, e algúns países decidiron
ignoralo completamente. España convertiuse
en campo de batalla das forzas totalitarias antagónicas
en Europa: o nazismo e o fascismo contra o comunismo.
Tamén convertiuse en laboratorio de experimentación de novas armas
e métodos de guerras. As potencias nazi e
fascista suministraron tanques
e avións aos sublevados, ademais dunha forza de
infantería voluntaria italiana, mentres que ingleses e americanos lles facilitaron o combustible.
A URSS apoiou con firmeza aos republicanos,
con entrega de material bélico e víveres a cambio do
ouro do Banco de España, o famoso "Ouro de Moscú, cobrado por Stalin.
Para loitar contra o exército sublevado o goberno republicano,
presidido desde o 19 de xullo por Giral,
pois Casares Quiroga dimitira,
armou ao comezo da guerra aos civiles,
o que deu lugar ás famosas "Milicias".
Valentes milicianos, indisciplinados, convertirían a famosa loita de clases nunha guerra de clases.
Os milicianos desatan o terror na retaguarda, fixando a súa ira especialmente na Igrexa Católica, dando morte a máis de 8.000 relixiosos.
A guerra cobrou para os nacionais un cariz de Cruzada, contra os inimigos da relixión;
Término empregado polos bispos españois, o que suposo o apoio da Igrexa ao bando de Franco.
Pero os asasinatos tamén se deron na retaguarda nacional.
As ordes do xeneral Mola eran claras: "Usar tanta violencia como sexa menester".
De súpeto, os que antes eran adversarios políticos convertíanse en inimigos da noite á mañá.
É curioso, porque nesta guerra o número de mortes na retaguarada é semellante as producidas no frente.
Moitas destas mortes non eran máis que
vinganzas persoais. Trala decisiva operación de cruce
do Estreito polas tropas de exército de África,
e con gran parte de Andalucía e Estremadura controladas,
os xenerales do bando nacional viron
a necesidade de ter un mando único.
A finais de setembro do 36 unha reunión de altos
mandos da facción sublevada deciden nomear a Franco como
"Xeneralísimo de todos os exércitos" e xefe do novo Estado erixido na zona sublevada.
Franco resistiuse ata o último momento a ser o elixido.
Mentres, en Madrid, o goberno de Giral caeu, e o socialista redical Largo Caballero
foi designado presidente do goberno republicano.
A escasa afluenza de voluntarios para
coller as armas, un 100.000 en cada zona,
obriga a ambos bandos a abrir as caixas de recluta.
En agosto, os nacionais; e en setembro,
os republicanos. A partir de entón, enfrontaranse
dous exércitos engrosados por soldados de quintas,
moitos deles totalmente alleos á loita ideolóxica,
a cal resúmese a tiros. Os combatentes loitan no bando que triunfou na súa vila, cidade ou provincia.
A lealdade xeográfica será a principal.
O gran obxectivo dos sublevados é tomar a capital; a gran
ofensiva de Madrid é planificada como
un movemento converxente das tropas de Mola polo norte
e as de Franco polo sur, dado que se cae Madrid, os nacionais teñen gañada a guerra.
Pero os defensores da República non llelo poñen fácil.
Iníciase a Batalla de Madrid.
Os repúblicanos, ademais do material bélico soviético,
contan cunhas unidades militares
compostas por militares estranxeiros
de máis de 50 países, as chamadas
"Brigadas Internacionais". O goberno republicano
presidido por Largo Caballero tomou a precaución de abandonar Madrid e instalarse en Valencia.
A primeira fase termina en febreiro e
marzo de 1937, coas batallas de Jarama e
de Guadalajara; nesta última son derrotados
de maneira vergoñosa os voluntarios italianos
enviados por Mussolini, na que é
difundida propagandísticamente como a primeira
derrota do fascismo no campo de batalla.
Os anos 37 e 38 constitúen o longo tramo central da guerra,
que partindo dun equilibrio de forzas resolvese en favor dos sublevados.
A principios de 1937 os nacionais avanzan e conquistan Málaga.
O norte, Biscaia, Santander,
Asturias era de grande interese estratéxico
ao ser unha rexión industrial. Franco,
renunciando á toma de Madrid,
inicia a ofensiva do norte e acaba ocupando a cornisa
cantábrica. Mundialmente coñecido será o episodio
no que os bombarderos alemáns da Alemana Nazi,
a coñecida como Lexión Cóndor,
atacaron a cidade de Guernica. Pablo Picasso dedicoulle a Guernica un cadro que se expuso en París.
O obxectivo era tratar de mostar os horrores da guerra e atraer a simpatía do público á causa republicana.
En maio de 1937, despois de graves enfrontamentos armados en Barcelona entre anarquistas e comunistas, Largo
Caballero dimite como Xefe do Goberno. As diferenzas
no bando republicano baséanse entre quen
queren a revolución á guerra, como son
os anarquistas; e os que buscan o triunfo
militar ante todo, como os comunistas.
O presidente da República, Manuel Azaña, nomea a Juan Negrín presidente do goberno.
Negrín reforzou os seus poderes e impulsou unha nova e grande ofensiva.
Para alixerar a presión sobre o norte,
en verán de 1937, abren os frentes de
Brunete e Belchite. A finais do 37, o goberno
republicano trasládase de Valencia a Barcelona
e inician a campaña de Teruel, co obxectivo de evitar o ataque definituvo dos franquistas sobre Madrid.
Fracasan.
Trala pérdida de Teruel polas tropas republicanas en
febreiro de 1938, os exércitos de Franco
lanzaron unha ofensiva en Aragón que arrasou as
defensas republicanas. Os nacionais penetran en
Cataluña e toman Lleida, onde atopan unha forte
resistencia republicana. En abril chegaron ás praias
de Binaroz, separando o territorio republicano
que quedaba dividido en dúas áreas
principais: a de Cataluña
e a de Madrid. A terceira fase da guerra
culmina coa descomposición política da República,
polas súas propias divisións internas. Os republicanos,
tras un grande éxito inicial, son vencidos
na Batalla do Ebro, unha das máis sanguentas de toda a guerra. Foi unha batalla que preparaba o camiño para a caída de Cataluña.
O goberno de Negrín intentou resistir todo o posible,
a fin de vincular a guerra española a unha máis que probable guerra mundial.
Coa presión que exercía a aviación nacional, e
caída Tarragona, a resistencia republicana afúndese.
O xeneral Yagüe entra en Barcelona, entón
sede do Goberno. En xaneiro de
1939, e sen apenas resistencia, miles de republicanos, militares e civís, exílianse en Francia, entre eles o poeta
Antonio Machado, quen vello e enfermo fallecerá en Colluire o 22 de febreiro.
O 27 de febreiro, o goberno de Franco é recoñecido por Francia e Inglaterra,
o que provoca a dimisión de Manuel Azaña como Presidente da República.
O 28 de marzo foi ocupada Madrid.
O 1 de abril de 1939
Franco firma o último parte de guerra.
A terrible Guerra Civil Española finalizou,
dando paso á longa ditadura de Francisco Franco, que duraría ata o ano 1975.
[Subtítulos en galego de Sefira Gonzalez Sequeiros]
Click on any text or timestamp to jump to that moment in the video
Share:
Most transcripts ready in under 5 seconds
One-Click Copy125+ LanguagesSearch ContentJump to Timestamps
Paste YouTube URL
Enter any YouTube video link to get the full transcript
Transcript Extraction Form
Most transcripts ready in under 5 seconds
Get Our Chrome Extension
Get transcripts instantly without leaving YouTube. Install our Chrome extension for one-click access to any video's transcript directly on the watch page.